Morre o actor Arturo Fernández, aos 90 anos

1 minutes read
  • Continuou traballando ata abril, mes no que se retirou por problemas estomacais

O actor Arturo Fernández (Xixón, 1929) faleceu este xoves aos 90 anos, segundo confirmou a familia a diferentes medios nacionais.

Fernández traballo ata o mes de abril, cando empezou a ter problemas estomacais. Máis tarde, a prensa coñecemos que se someteu a unha operación de estómago. Ademais, tamén recibiu un tratamento para mitigar unhas fortes dores de costas.

Desde hai moitos anos, Arturo Fernández fora o eterno galán sobre os escenarios. O seu carácter sedutor, o seu humor e a súa elegancia fixeron del unha personaxe inolvidade. Sempre será lembrado polo seu “chatina!” no ano 1996, unha palabra que miles de españois introduciron nas súas conversacións.

As súas opinións políticas conservadoras tamén o puxeron no foco público. O feito máis recente foi cando anunciou a súa negativa para levar a súa obra Alta sedución a Cádiz por ser unha cidade gobernada por Podemos.