O actor Pedro Brandariz era natural do lugar de San Pedro de Nós, en Oleiros (A Coruña), este martes faleceu aos 44 anos de idade ao sentirse indisposto mentres estaba a protagonizar un monólogo nun colexio de Calo, no municipio coruñés de Teo, informou a súa contorna. A pesar da chegada dos servizos de emerxencia ao centro escolar, non puido recuperarse. Pedro tiña unha dilatada experiencia como humorista, tanto en diferentes escenarios como en televisión. No seu currículo presentábase como cómico, actor, clown, monologuista, contacontos e cabareteiro, con capacidade para abordar o humor desde diferentes campos, xa fosen narración oral, teatro ou cabaré. As mostras de agarimo e condolencias xeneralizáronse nas redes e diferentes medios nada máis coñecerse a noticia.