Morre o actor Sean Connery (007) aos 90 anos

1 minutes read

O lexendario actor británico Sean Connery, coñecido sobre todo polas súas interpretacións de James Bond, morreu este sábado aos 90 anos. Cunha infancia difícil, aos 16 anos ingresou na Mariña, pero deixouno con 19 anos de idade. Ao seu regreso á vida civil, en 1953 participou na elección de Míster Universo en Londres, onde chamou a atención dun director teatral que lle ofreceu un papel no musical South Pacific. Foi entón cando o actor decidiu que o seu nome artístico fose Sean Connery. En 1962 estreou o personaxe que lle catapultó á fama, o de James Bond, Axente 007 dos servizos secretos de Reino Unido na adaptación cinematográfica da novela Dr No de Ian Fleming. Logo dalgún que outro fracaso matrimonial, en 1975 casou coa pintora Roquebrune Micheline, a súa esposa ata o final da súa vida.