Morre o cantante Álex Casademunt nun accidente de tráfico


O cantante Álex Casademunt faleceu este martes pola noite por mor dun accidente de tráfico que sufriu cando circulaba en moto no municipio barcelonés de Mataró. Casademunt, de 39 anos, participou na primeira edición de ‘Operación Triunfo’. Tras o seu paso por este programa, uniuse ao grupo ‘Fórmula abierta’. A partir de 2003 iniciou a súa carreira en solitario como cantante, aínda que tamén foi un habitual en diferentes programas de televisión, xa sexa como presentador ou como actor. O seu primeiro single ‘Te quiero más’ converteuse nun dos temas do verán en 2002.