Morre o compositor italiano Franco Battiato

O músico Franco Battiato, un dos máis soados cantautores e compositores italianos das últimas décadas, faleceu este martes na súa casa na illa de Sicilia, segundo informou a súa familia a medios locais. Battiato, de 76 anos e que estaba enfermo desde hai tempo, era coñecido mundialmente polo seu estilo poético e existencial que lle acompañou durante toda a súa carreira, con cancións como «Centro dei gravità permanente» (1981) ou » Voglio vederti danzar» (1982). No transcurso da súa prolífica carreira, Battiato fixo tamén incursións no cinema e a pintura. O último concerto celebrado polo artista remóntase ao 17 de setembro de 2017, no Teatro Romano de Catania e posteriormente tivo que ser suspendida a súa xira por motivos de saúde.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha