Morre o condutor dunha furgoneta en Mesía

O falecido conducía unha furgoneta pola estrada que une Curtis con Mesía e, á altura da parroquia de Cabrui, saíuse da vía. Un particular alertou os servizos de emerxencia e advertiu que o home estaba liberado no interior pero non se movía.

Membros do GES de Curtis prestáronlle os primeiros auxilios sen éxito e indicaron que todo parecía indicar que sufrira unha indisposición ao volante. O persoal sanitario que se desprazou ao lugar só puido confirmar a súa morte.

A vítima era un veciño de Curtis que traballaba de repartidor pola zona.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha