- Faleceu nos Ánxeles a causa dun cancro de colon
Este venres faleceu o escritor español Carlos Ruiz Zafón aos 55 anos a causa dun cancro de colon. Está considerado como un dos mellores novelistas contemporáneos, tal e como sinalou a Editorial Planeta na súa conta de Twitter.
Autor de varias novelas premiadas, a súa obra mestra foi «La sombra del viento», publicada no ano 2001 e da que vendeu máis de 12 millóns de exemplares; alcanzando o terceiro posto dos libros escritos en español máis vendidos no mundo, despois de «El Quijote» de Cervantes e de «Cien años de soledad» de García Márquez.
Ruiz Zafón vivía nos Ánxeles e compaxinaba as súas novelas coa creación de guións para películas en Hollywood.