Morre o escritor Javier Marías aos 70 anos

Marías faleceu este domingo nun hospital de Madrid onde estaba ingresado, por unha complicación da afección pulmonar que padecía, segundo confirmaron fontes da súa editorial. O 15 de agosto, a editorial Alfaguara informou de que o escritor e académico Javier Marías (Madrid, 1951) padecía unha afección pulmonar «da que estaba en proceso de recuperación».

No mes de decembro foi elixido membro internacional da Royal Society of Literature, a organización benéfica do Reino Unido para a promoción da literatura, da que forman parte, entre outros escritores, David Grossman, Annie Ernaux, Amin Maalouf e Olga Tokarczuk.

Unha vez coñecido o falecemento do escritor e académico son innumerables as mostras de pesar desde o mundo da cultura, das artes e da política.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha