Morre o expresidente de Aragón Javier Lambán

O expresidente socialista de Aragón, Javier Lambán, morreu aos 67 anos, tras padecer cancro de colon desde 2021, ao que posteriormente se lle sumou un de fígado. Tamén sufría esclerose múltiple desde 2010. O corpo está no centro de especialidades de Ejea de los Caballeros, Zaragoza, onde vivía e foi alcalde, indicaron fontes próximas da familia, que decidiu que non haberá capela ardente. Este sábado realizarase un acto civil ás 13 horas na sala do crematorio de Ejea de los Caballeros. Entre 2015 e 2023, Lambán foi presidente do Gobierno de Aragón. Tamén presidiu a deputación de Zaragoza, entre 1999 e 2011. Nos últimos anos, destacou como unha das voces críticas de Pedro Sánchez dentro do PSOE polos pactos co independentismo catalán. En xaneiro deste ano puxo fin á súa vida política de 40 anos, tras dimitir como senador.

Related posts

O Supremo abre xuízo oral ao fiscal xeral do Estado e imponlle unha fianza de 150.000 euros

Pedro Sánchez anuncia nove medidas contra o ‘genocidio en Gaza’

53 persoas feridas nun accidente de autobús en Barcelona