Morre o ocupante dun turismo tras chocar co seu vehículo cun camión na AP-9, en Abegondo

Ambulancia Sergas Galicia

Un veciño de Ferrol de 54 anos perdeu a vida este venres nun tráxico accidente de tráfico, era o condutor dun turismo que bateu por alcance cun camión na AP-9, en Abegondo.

Ao fío das nove da mañá, varias persoas contactaron co 112 Galicia para dar conta deste accidente, que se rexistrou no punto quilométrico 30 da autoestrada, en sentido Coruña.

En poucos minutos, os medios mobilizados para atender a vítima indicaron que o único ocupante do coche carecía de pulso. Efectivamente, e tal e como comprobaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a persoa estaba falecida sen que nada se puidese facer por ela.

Desde o 112 Galicia, activáronse os protocolos correspondentes e enviáronse avisos ao equipo médico, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Ordes. De feito, foi necesario liberar ao condutor falecido, pois estaba atrapado dentro do vehículo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha