A Real Federación Española de Fútbol informou na noite deste domingo da morte do pai de Olga Carmona, xogadora da selección española de fútbol e autora do gol que lle deu o Mundial a España.
A RFEF, no seu comunicado, indica que «a futbolista coñeceu a triste noticia unha vez concluída a final da Copa do Mundo».
«Mandamos o noso abrazo máis sincero a Olga e á súa familia nun momento de profunda dor. Querémoste, Olga, es historia do fútbol español», finalizaba o texto da RFEF.