Morre outro paciente agardando no Clínico de Santiago

1 minutes read

Segundo denuncia o sindicato O’Mega, o paciente «faleceu esperando nun corredor a ser atendido por un médico, xa que todos estaban ocupados con outras urxencias» e, malia ser trasladado á unidade de críticos, nada puido facerse pola súa vida», conta o sindicato, que leva semanas denunciando novos colapsos nas Urxencias do CHUS. Desde a xerencia área sanitaria compostelá, pola súa banda, «lamentan» o falecemento deste varón de 84 anos que, advirten, sufriu «a deterioración da súa saúde estando á espera de ser colocado en box para unha segunda exploración» e despois de que na primeira valoración fose clasificado como de «prioridade non grave». O Sergas aclara que foi «inmediatamente ingresado na zona de críticos, onde posteriormente se confirmou o seu falecemento».  praza.gal.