Morre Sebastián Piñera, expresidente de Chile, nun accidente de helicóptero

1 minutes read

Sebastián Piñera, expresidente de Chile, morreu este martes aos 74 anos nun accidente de helicóptero, segundo confirmou a ministra do Interior de Chile, Carolina Tohá. A aeronave precipitouse con polo menos catro persoas a bordo, entre eles o ex-xefe do Estado.

O accidente aéreo tivo lugar na zona rural de Ilihue, na localidade de Lago Ranco, a uns 920 quilómetros da capital Santiago. Segundo as primeiras informacións, o expresidente pilotaba o helicóptero, no que supostamente ía con familiares seus, cando perdeu o control da aeronave poucos minutos despois de despegar.

Piñera foi presidente de Chile desde 2010 ata 2014 e de novo desde 2018 ata 2022. O expresidente foi un dos fundadores do partido Renovación Nacional. Segundo confirmou Tohá, Piñera terá un funeral de Estado e decretarase un duelo nacional no país.