42
Un home de 84 anos faleceu na tarde deste martes atropelado por unha escavadora no concello ourensán de Vilariño de Conso. Ocorreu na localidade de Castiñeira, cando o home ía camiñando por esta estrada local. Por causas que se descoñecen, o camión de volteo, un chimpín, que estaba a traballar nunha obra na zona, atropelouno, e o home faleceu no acto. Ata o lugar acudiron os servizos sanitarios pero xa non puideron facer nada por salvarlle a vida. Tamén estiveron efectivos do GES da Gudiña e de Protección Civil de Vilariño de Conso, ademais da Garda Civil de Tráfico, que investigará o suceso.