37
O home estaba na praia do Acantilado cando sufriu a indisposición. Foi caer preto da socorrista, que foi a primeira en practicarlle as manobras de recuperación.
A vítima, duns corenta anos de idade estaba acompañado de membros da súa familia, que quedaron moi conmocionados.
Os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaba un equipo médico ata ao lugar. Así mesmo, para colaborar cos profesionais sanitarios, tamén informaron aos axentes da Garda Civil.
Malia os intentos realizados polos sanitarios e a que os servizos de emerxencia se desprazaron axiña ao punto, nada se puido facer por salvarlle a vida.