Morre un bebé prematuro en Girona por unha bacteria

  • Outros dous bebés ingresados neste mesmo centro presentan a bacteria, pero non están enfermos

Un bebé prematuro morreu no Hospital Doutor Josep Trueta de Girona afectado pola bacteria Klebsiella, a mesma que causou a morte doutros dous prematuros no Hospital Vall d’Hebron de Barcelona o pasado mes de abril.

Segundo informou a Conselleria de Salut da Generalitat nun comunicado, o bebé nacera ás 24 semanas de xestación, polo que se atopaba nunha «situación clínica moi complicada». Faleceu a noite do domingo.

No hospital hai ingresados outros dous bebés colonizados, aos que se lles detectou a presenza da bacteria pero que non están enfermos.

QUE É A KLEBSIELLA?

É unha bacteria que vive no tubo dixestivo aínda que se atopa en calquera lugar do medio ambiente, e un dos factores de risco para contraer a enfermidade é a prematuridade, polo que as unidades de neonatoloxía son espazos onde se poden detectar brotes, sinalou a Conselleria.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha