Unha batida de xabarín na montaña ourensá rematou en traxedia, dado que un cazador morreu ao recibir un disparo accidental. Aconteceu este domingo cando estaban a piques de abandonar o monte. Un xabarín aproximouse pola zona e o grupo intentou cazalo. Unha das balas, por causas que se investigan, rematou coa vida dun dos cazadores.
O falecido é un veciño de Ourense de 63 anos, un cazador experimentado, segundo relatan os seus compañeiros. Avisaron aos servizos de Emerxencias, que mesmo desprazaron un hélicoptero, pero non puideron facer nada para salvarlle a vida. O seu corpo foi trasladado ao hospital de Ourense para practicarlle a autopsia. A Garda Civil investiga as circunstancias do accidente.