Morre un home afogado no río Miño nas Neves (Pontevedra)

Un home morreu afogado na tarde deste venres no río Miño ao seu paso polo municipio pontevedrés das Neves. Segundo informou o CIAE 112 Emerxencias Galicia, o suceso produciuse na parroquia de Liñares. Ata o lugar mobilizouse un equipo médico a bordo dun helicóptero de Urxencias Sanitarias 061, que realizaron sen éxito as manobras de reanimación ao falecido. A Garda Civil tamén se desprazou ao lugar e trata de esclarecer as circunstancias do suceso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha