56
Un home faleceu na madrugada deste venres en Bueu tras caer co seu coche ao mar desde o porto da localidade. O sinistro, segundo informa o 112 Galicia, produciuse na zona en que se sitúan os barcos de pasaxeiros cara á illa de Ons. Cando os axentes da Policía Local chegaron ata o lugar viron que o coche estaba totalmente afundido. Dous mergulladores de Salvamento Marítimo foron os encargados de rescatar o corpo, pero, a pesar dos esforzos dos equipos de emerxencias, nada se puido facer por salvarlle a vida. As forzas da orde tratan de aclarar as circunstacias do suceso.