Morre un home ao envorcar o tractor que conducía en Cariño

Un home faleceu este venres tras envorcar o tractor que conducía e quedar atrapado cando circulaba pola estrada que dá acceso á canteira de Landoi, en Cariño.

O 112 Galicia informou que o accidente ocorreu sobre as 8:00 horas, cando un particular avisou de que o home se atopaba debaixo do vehículo agrícola.

Ademais dos profesionais sanitarios, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou os Bombeiros do Eume e os membros do GES de Ortigueira para poder liberar a vítima e facilitar a atención ao equipo médico. Aínda con todo, a persoa faleceu. 

Ata o lugar dos feitos, na parroquia de Feáns, tamén acudiron os axentes da Garda Civil, que colaboraron cos equipos de emerxencias para tratar de recoller toda a información sobre o suceso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha