Un home de 64 anos faleceu no mediodía deste luns en Coristanco despois de atragoarse cun anaco de comida. O suceso ocorreu ás dúas menos vinte da tarde nun céntrico restaurante da vila.
Dende alí alertaron os servizos sanitarios de que un cliente estaba en problemas por un atragoamento. Ata o lugar desprazáronse membros de Protección Civil, persoal sanitario do centro médico da vila e o helicóptero medicalizado con base en Santiago. Pero a pesar dos esforzos dos clientes e dos primeiros sanitarios que chegaron ao lugar, xa non se puido facer nada pola súa vida.
De feito, o persoal do helicóptero non chegou a intervir. O corpo trasladouse ao Imelga para facérenlle a autopsia.