Morre un home de 32 anos nun accidente de tráfico en Ferrol

Estado no que quedou o turismo_Garda Civil_Cedida.

O condutor dun turismo faleceu este domingo despois de sufrir unha saída de vía co seu vehículo cando circulaba pola AP-9F, á altura do punto quilométrico 36, ao seu paso polo concello de Ferrol. As testemuñas do accidente que chamaron ao 112 Galicia, ao fío das 07:40 horas, explicaron que o vehículo transitaba pola parroquia de Santa Cecilia de Trasancos, sentido Narón, cando o coche bateu contra unha das barreiras de seguridade da vía. Por mor do impacto, o condutor, de 32 anos, saíu despedido do turismo. O persoal sanitario non puido facer nada por salvarlle a vida. Ao lugar do accidente tamén acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico, así como o persoal de limpeza e mantemento das estradas, co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía. Ademais, desde o 112 informouse tamén á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil de Ferrol e Narón.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha