Morre un home de 47 anos en Muxía nun accidente cunha moto acuática

Ocorreu sobre as 17:30 horas deste domingo. A vítima partira da prais dos Muíños e apareceu aboiando preto da súa embarcación. Amigos e familiares saíran na súa busca ao ver que tardaba en chegar.No operativo participaron Salvamento Marítimo, o 061, a Policía Local, a Garda Civil, Protección Civil de Muxía e os Bombeiros de Cee .Segundo informa o 112, varias persoas alertaron aos servizos de emerxencias do accidente. Algunhas das testemuñas aseguraron que saíra ao mar e, tras precipitarse, un mariñeiro saíu ao rescate coa súa lancha e trasladouno ata o porto. Alí tentou reanimalo sen éxito, estaba en parada cardiorrespiratoria.

Related posts

O BNG acusa ao PP da Xunta de deixadez e inacción para solucionar os asolagamentos da lagoa de Traba de Laxe

A nova campaña de Aceites Abril céntrase, entre outros, no Entroido da parroquia carballesa de Oza

O concurso de disfraces de Entroido da Laracha repartirá ata 5.000 euros en premios