Morre un home de 49 anos nun accidente en Cervo

O accidente produciuse no punto quilométrico 52, da N-642 ao colidir o turismo no que viaxaba cun camión, varias persoas particulares alertaron do accidente ao 112 Galicia. Segundo indicaban, o condutor do camión puidera saír do vehículo polos seus propios medios. Sen embargo, engadían, que a persoa que circulaba no turismo estaba atrapada. Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Cervo, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da vía de circulación. Aínda que os servizos de emerxencias se desprazaron ao momento, finalmente confirmaron o falecemento do condutor do turismo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha