Un home de 50 anos faleceu nun atropelo rexistrado na localidade da Pobra do Caramiñal, na comarca coruñesa do Barbanza. O 061 recibiu aviso na central de coordinación contra as 23:51 horas deste xoves. Ao lugar foi enviada unha ambulancia asistencial de soporte vital básico ademais de desprazar persoal sanitario de atención primaria, que non puido salvarlle a vida. Así, os membros de Protección Civil encargáronse de desviar o tráfico no punto namentres os servizos sanitarios levaban a cabo a súa intervención. As forzas da orde traballan para aclarar as circunstancias do suceso. Aínda que nun principio todo apuntaba cara ao atropelo como a causa da morte, haberá que agardar ao resultado da autopsia porque cabe a posibilidade de que o home sufrise unha indisposición e por iso estaba tombado no asfalto no momento do accidente.
0