Morre un home de 50 anos nun atropelo na Pobra do Caramiñal

Un home de 50 anos faleceu nun atropelo rexistrado na localidade da Pobra do Caramiñal, na comarca coruñesa do Barbanza. O 061 recibiu aviso na central de coordinación contra as 23:51 horas deste xoves. Ao lugar foi enviada unha ambulancia asistencial de soporte vital básico ademais de desprazar persoal sanitario de atención primaria, que non puido salvarlle a vida. Así, os membros de Protección Civil encargáronse de desviar o tráfico no punto namentres os servizos sanitarios levaban a cabo a súa intervención. As forzas da orde traballan para aclarar as circunstancias do suceso. Aínda que nun principio todo apuntaba cara ao atropelo como a causa da morte, haberá que agardar ao resultado da autopsia porque cabe a posibilidade de que o home sufrise unha indisposición e por iso estaba tombado no asfalto no momento do accidente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha