Morre un home de 67 anos atropelado por un camión en San Cibrao das Viñas

Un home de 67 anos morreu este martes en San Cibrao das Viñas, en Ourense, ao ser atropelado por un camión que transportaba troncos de madeira. O atropelo tivo lugar ás 18,00 horas no quilómetro 234 da estrada N-525. Ata a zona mobilizouse o helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias 061 con base en Ourense. Os seus profesionais só puideron certificar o falecemento do peón.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha