Morre un home de 80 anos en Viveiro atrapado polo seu coche


A persoa foi atopada debaixo do seu turismo á altura do cemiterio, no lugar de Covas, en Viveiro.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso ao fío das tres e media desta tarde deste martes. Foi a esa hora, cando os profesionais sanitarios solicitaban aos xestores do CIAE a intervención das forzas da orde por mor de que fora atopada unha persoa, posiblemente falecida, debaixo dun coche.

Con estes datos, desde o 112 Galicia pasouse aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Nacional e Local. Así mesmo, informouse dos feitos aos Bombeiros e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, tanto os servizos sanitarios como os axentes da Policía Local, que comprobaron que a persoa era a mesma propietaria do vehículo, só puideron confirmar o seu falecemento.