Morre un home de 91 anos nun choque entre dous turismos en Coles

1 minutes read

Un home de 91 anos, veciño de Ourense, morreu este sábado nun violento choque entre dous turismos ocorrido no concello de Coles. O condutor do coche no que viaxaba está grave. No outro vehículo ía unha muller e tres nenos que quedaron feridos leves. O forte impacto complicou os labores de rescate. Tiveron que cortar o tráfico nun carril, para que os bombeiros puidesen traballar con seguridade. O xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-112 Galicia pasaron aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Carballiño, aos membros do GES de O Pereiro de Aguiar, aos axentes da Garda Civil e aos membros de Protección Civil de Coles. Con todo, aínda que finalmente non foi necesario excarcerar a ningún ocupante dos vehículos, seis persoas tiveron que ser trasladadas, dúas feridas de gravidade, entre elas o falecido, e outras catro feridas leves.