Morre un home de 92 anos atropelado por unha moto en Vigo

1 minutes read

Un home de 92 ano faleceu de camiño ao Hospital Álvaro Cunqueiro, na ambulancia, despois de ser atropelado por unha moto na rúa viguesa da travesía de Vigo. O motorista, que conducía unha Kawasaki 500, e que deu negativo no control de drogas e alcol, está hospitalizado e o seu estado é grave. O falecido saiu dunha panadería, a unha e cinco do mediodía, e cando cruzaba a rúa recibiu o impacto do vehículo. Unha testemuña, e consta no parte policial do accidente, asegurou que o semáforo estaba en cor vermella para os peóns. O nonaxenario estaba vivo cando chegou a ambulancia medicalizada a este punto, pero tiña traumatismo cranoencefálico e torácico e faleceu pouco despois.