Morre un home de madrugada en Carballo tras sentirse indisposto na rúa

0 minutes read

Pasadas as 2 da madrugada deste domingo un particular alertaba ao 112 Emerxencias Galicia de que había un home tirado na beirarrúa xunto ao despacho de Correos en Carballo. Ao lugar trasladouse de urxencia unha ambulancia do 061 e a Policía Local. O home foi trasladado inmediatamente polo persoal sanitario ao centro médico de Carballo, pero nada puideron facer por salvarlle a vida. Segundo fontes próximas tratábase de M. L. R., un veciño da zona de 72 anos, que puido falecer por un infarto.