Morre un home e unha muller resulta ferida grave en Cuntis nun accidente de tráfico contra un camión

Arquivo.

O 112 Galicia recibiu o aviso ás 18:00 horas deste xoves, facilitado polo propio condutor do camión implicado no suceso.

O accidente tivo lugar na N-640, ao seu paso por Troáns (Cuntis), á altura do quilómetro 219. Na chamada inicial, o camioneiro indicaba unha colisión frontal co turismo e alertaba da posible presenza de persoas atrapadas no interior.

Dende a sala de operacións do 112 Galicia mobilizouse de inmediato aos Bombeiros de Vilagarcía e ao GES da Estrada, encargados de liberar aos dous ocupantes do vehículo empregando ferramentas de excarceración. Lamentablemente, o copiloto faleceu no lugar dos feitos, mentres que a condutora foi evacuada polos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia–061 ao centro hospitalario de referencia.

Ao mesmo tempo, informouse da situación á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil, que colaboraron nos traballos de atención e seguridade na zona.

Related posts

Dous mortos e un ferido moi grave nun accidente rexistrado na A-8 en Guitiriz

23 vehículos implicados e 4 feridos nun accidente na AP-9 en Oroso | 3 feridos tamén noutro sinistro en Carballo

Galicia pechou a súa estadía en Fitur con dous premios: Mellor Estand autonómico e Mellor Expositor Sostible