35
Un home morreu este xoves en Barro ao sufrir unha caída cando podaba unhas árbores nunha leira, segundo informou o 112 Galicia. Ao lugar trasladáronse un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia a bordo dun helicóptero medicalizado, aínda que os facultativos unicamente puideron confirmar o falecemento. Tamén acudiron á zona efectivos da Garda Civil para tratar de determinar as circunstancias nas que se produciu a caída que lle provocou a morte.