Morre un home en Cambados nun accidente de tractor

1 minutes read

O accidente produciuse nunha travesía do río Umia, nas proximidades da ponte de Castrelo, cando unha roda do tractor se saíu do camiño e envorcou. O home, duns 85 anos, quedou atrapado debaixo do vehículo nunha zona con auga e lodo acumulada, segundo informaron fontes dos Bombeiros de Ribadumia. Cando os efectivos do servizo de extinción de incendios chegaron ao lugar, o home xa falecera, polo que unicamente puideron colaborar nos labores de rescate do corpo. Ao lugar tamén se trasladaron efectivos de Protección Civil e axentes da Policía Local e da Garda Civil de Cambados. Igualmente, acudiron sanitarios dunha ambulancia do 061.