44
O accidente tivo lugar a primeira hora da tarde deste venres na parroquia de Brens, o home estaba traballando co tractor nunha finca e por causas que se investigan a máquina volcou e a vítima de 72 anos quedou atrapada debaixo. Para liberar ao accidentado foi necesaria a invervención dos bombeiros da localidade. Tamén acudiron os servizos sanitarios, o GES de Cee, a Garda Civil e a Policía Local.