43
O sinistro ocorreu pasadas as seis e media da tarde deste xoves no lugar de Trasponte, en Cuntis. Foi un particular o que deu o aviso de que un coche chocara contra un muro e que no seu interior estaba o seu condutor. Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061, os GES da Estrada, Protección Civil de Cuntis e axentes da Garda Civil. Os efectivos sanitarios xa non puideron facer nada por salvarlle a vida ao condutor.