14
Un hombre morreu este martes ao estoupar unha caldeira cando trataba de acendela na localidade de Negreira, segundo informou o 112 Galicia. Os feitos aconteceron á última hora da tarde na aldea de Rons por causas que están sendo investigadas pola Garda Civil.
Os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o seu falecemento. Ao lugar tamén acudiron axentes da Gardia Civil e os bombeiros de Santa Comba, que colaboraron nas tarefas de desentullo ante os danos causados na vivenda.