O sinistro ocorreu pouco despois das 5 da tarde deste mércores na Nacional Sexta, á altura do lugar de O Carballo. Un home esvaeceuse mentres conducía e o seu coche quedou sen control. Invadiu o carril contrario e chocou contra un camión que viña de fronte. A vítima tiña uns 60 anos e polo de agora descoñécense as causas do seu esvaecemento. Os servizos de emerxencias non descartan que puidese falecer incluso antes do impacto. Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, informouse aos Bombeiros de Arteixo, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, aos membros do Servizo de Emerxencias de Oleiros e aos servizos sanitarios de urxencia, que desprazados á zona xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.
43