Morre un home de 66 anos en Teo mentres realizaba obras na súa vivenda

Imaxe de arquivo dunha ambulancia do 061

Un home perdeu a vida en Teo ao caer dun andamio cando estaba a pintar a súa casa. O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos, que sucederon no lugar de Solláns, na parroquia de Calo, na tarde deste mércores. Un veciño do home contactaba co 112 Galicia para dar conta da súa situación. Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, a pesar dos esforzos, nada puido facer por salvarlle a vida. Cómpre sinalar que os xestores do 112 Galicia tamén solicitaron a intervención dos axentes da Garda Civil, do GES da Estrada, da Policía Local e do Servizo Municipal de Protección Civil.