Morre un home en Vila de Cruces ao envorcar o seu tractor

1 minutes read

O accidente ocorreu a primeira hora da tarde deste luns a poucos metros da igrexa de Piloño, na estrada que vai dende Arbeán ata Combarro. Manuel Otero, de 81 anos, viña traballar co seu tractor na leira. Pero cando subía pola pendente, coa fresa en alto, o tractor levantouse de diante e envorcou, posiblemente polo propio peso da fresadora e acabou envorcando na pista coa mala sorte de que o tractor non tiña arco de seguridade e o piloto quedou debaixo entre a máquina e o asfalto, onde faleceu no acto. Unha vez dada a voz de alarma por unha veciña do lugar, os equipos sanitarios desprazados á zona xa non puideron facer nada por salvarlle a vida.