Morre un home na piscina dun cámping do Grove

0 minutes read

Un home de 57 anos  faleceu na tarde deste xoves cando estaba na piscina dun cámping da parroquia de San Vicente do Mar, no concello pontevedrés do Grove. Ata o lugar mobilizouse un helicóptero de Urxencias Sanitarias do 061. Os equipos de urxencias atenderon a vítima fóra da auga para practicarlle os exercicios de reanimación. Malia os esforzos, o home faleceu a causa dun afogamento, segundo apunta o 112.