0
Un home faleceu na tarde-noite deste domingo nunha saída de vía en Sarria. Os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida. Ademais, no coche viaxaba unha muller, que non resultou ferida. Os feitos sucederon no lugar dos Remedios, uns minutos antes das 20:00 horas. O 112 Galicia recibía nese momento o aviso por medio das Urxencias Sanitarias de Galicia-061. De xeito inmediato, o persoal do 112 Galicia pasou o aviso aos Bombeiros de Sarria, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico. Investíganse as circunstancias do tráxico accidente.