Morre un mariñeiro despois de encallar un barco preto do Castro de Baroña, en Porto do Son

1 minutes read
  • Algúns dos tripulantes foron recollidos por varios barcos e outros chegaron a nado á costa

O Divina del Mar, un barco pesqueiro de Portosín, encallou esta madrugada preto do castro de Baroña, en Porto do Son. Como consecuencia do accidente, faleceu un mariñeiro.

Ao parecer o cerqueiro, que durante a noite estaba pescando xurelo, sufriu unha avaría no motor sobre ás 3 da mañá e probablemente iso provocara que o barco fora contra as pedras.

Da tripulación sobreviviron 8 mariñeiros, a maioría foron recollidos por outros barcos e algúns chegaron nadando á costa.

O pesqueiro accidentado ten base en Portosín, onde foi trasladado o corpo da vítima mortal do accidente, veciño do lugar do Obre, en Noia.