Un home faleceu ao bater a moto que conducía contra un turismo na estrada DP-0701, no concello de Santiago. Segundo informou o 112, ata o lugar desprazáronse os servizos sanitarios, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local, os Bombeiros e Protección Civil, pero nada puideron facer por salvarlle a vida.