Morre un motorista da Garda Civil nun accidente de tráfico en Catoira

0 minutes read

Este martes, un axente motorizado morreu nunha saída de vía na estrada que une Catoira con Caldas de Reis. O garda civil de Tráfico, de 51 anos, natural de Ourense e residente no municipio pontevedrés de Ponteareas, dirixíase a auxiliar outro accidentado cando tivo lugar o fatal suceso.
Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061 para intentar reanimar o axente, pero todos os esforzos foron inútiles, as lesións eran demasiado graves e acabou falecendo.