Morre un motorista de 22 anos nun accidente en Nigrán

0 minutes read

Circulaba en sentido Vigo ás 11 da noite deste sábado pola PO-552 á altura da avenida Val Miñor e, por motivos que se están a investigar, foise da vía nunha curva para acabar batendo contra un noiro. Noutra moto viaxaba unha parella de amigos que ían por diante. Como el parou nun semáforo en vermello, agardárono ata que, estrañados pola tardanza, deron volta e atopáronse co sinistro. Ata o lugar desprazáronse os servizos de emerxencias pero nada puideron facer por salvarlle a vida. A vítima era natural de Vigo e residía en Teo.