Morre un motorista de 28 anos nun accidente en Moaña

Un mozo de 28 anos, con inicial M.G., morreu este xoves, e o seu acompañante resultou ferido, nun accidente de moto ocorrido na entrada a Moaña pola Xunqueira, na estrada PO-551, tras quedar atrapado debaixo dunha furgoneta. A alerta recibíase no 112 Emerxencias Galicia ás 19:36 horas. Os medios sanitarios desprazados ao lugar tan só puideron certificar o falecemento do mozo. Fontes locais confirmaron que a vítima era fillo dun concelleiro do PP de Cangas e o acompañante dun directivo do Alondras, feito que conmocionou á vila.

Related posts

UCIN Galicia denuncia o uso partidista de recursos públicos para obras e medios por parte da Xunta

Espazo Común Galeguísta reclama unha reforma ambiciosa do municipalismo galego fronte a cambios meramente formais

Medio Rural lembra ás comunidades de montes que deben destinar o 10 % dos ingresos á prevención de incendios