Morre un motorista nunha colisión contra un turismo en Outeiro de Rei

Foi un particular quen, contra as 20:15 horas do sábado, alertou ao 112 Galicia dun accidente entre un coche e unha moto no quilómetro 509 da N-VI, en Guillar.

Ata o lugar desprazáronse unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Friol-Palas e a Garda Civil de Tráfico.

Desde o punto, os efectivos dos equipos de emerxencias informaron que o motorista saíu despedido polo aire varios metros e foi evacuado en estado grave ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), pero xa non conseguiron reanimalo. Pola súa banda o condutor do turismo, de avanzada idade, tamén foi atendido polos servizos sanitarios.

Related posts

O Parlamento galego aproba os orzamentos para 2026

USO y UGT se plantan en la sanidad pública gallega: movilizaciones sine die por la dignidad y la seguridad

Miles de persoas manifestáronse en Santiago contra a instalación de Altri en Palas de Rei