Os servizos sanitarios de urxencia só puideron confirmar o falecemento do condutor dun turismo, que se saíu da vía. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o suceso produciuse na Avenida do Aeroporto, á altura do número 325, en Vigo.
Varias persoas alertaban ao 112 Galicia dun vehículo que acababa de sufrir un accidente nese lugar. Aseguraban que unha persoa, posiblemente atrapada, podería precisar asistencia médica urxente no interior do vehículo.
Xa no lugar e rematada a intervención, os Bombeiros de Vigo confirmaron ao 112 Galicia a excarceración da vítima e único ocupante do turismo. Un mozo de 22 anos, que pese os esforzos dos profesionais sanitarios desprazados ata ao lugar, nada se puido facer por salvarlle a vida.
Ademais dos bombeiros e dos profesionais de urxencias sanitarias, que mobilizaron unha ambulancia co seu equipo médico, acudiron os axentes da Policía Local, nada máis ser informados polo 112 Galicia.