Morre un mozo de 24 anos na Illa de Arousa tras bater co quad contra un escaparate

1 minutes read

Contra as catro da mañá moitos veciños sentiron un vehículo circular a gran velocidade, seguido dun gran estrondo e berros. Moitos non saíron porque é unha zona en que adoita haber accidentes. Os que si o fixeron viron o corpo do mozo case sen vida, malia os esforzos dos membros de Proteción Civil de Cambados e do 061.

Ata o lugar  achegáronse dúas ambulancias do 061, pero xa nada se puido facer pola vida deste mozo de 24 anos, veciño da Illa da Arousa e mariñeiro. O falecido pertence a unha familia moi coñecida e querida na vila que se dedica á comercialización de mexillón e ten unha empresa de cordelería. A Garda Civil investiga as causas do sinistro, inicialmente barállase un exceso de velocidade ou un fallo mecánico.